miércoles, 29 de agosto de 2012

Na misteriosa Pedra da Serpe

A Pedra da Serpe e un misterioso vestixio do pasado situado na parroquia de San Adrián no concello de Ponteceso (A Coruña).

De datación determinada e confusa así como seu significado, tratase dunha serpe polo que parece con ás esculpida nunha rocha granítica. Moi posteriormente a cristiandade colocou unha cruz sobre a serpe esculpida.

Na aldea dí a lenda que San Adrián a librou dunha invasión de serpes, dando forte golpe no chan e facendo que todas caeran dentro da pedra. A pedra causou moito interese en moitos historiadores a que moitos dataron da época romana ou medieval.

Na Galiza hai varias representacións dun claro culto as serpes en tempos pasados, como tamén poden ser as representacións destas nos castros de Troña ou Penalba.

Tamén dicir a titulo persoal que na lenda pode haber un claro dato para súa datación, que pode ser moi anterior, pois os romanas falaron dunha invasión de serpes no pasado nas terras galaicas antes de chegar estes. Tratase dos Seafes ou pobo das serpes, os cales emigraron dende terras centroeuropeas a terras do sur. Parece que na zona que se sitúa o petróglifo, e dicir na Costa da Morte, existiu presenza Seafe, polo que xa podemos ter outra nova hipótese do orixe deste éstrano traballo do home.

martes, 7 de agosto de 2012

lunes, 16 de julio de 2012

Relatos do autor das estántigas e o Tardo.

Do tardo.
A bisavoa de miña avoa chamada María Juana, coñecida como Majuana, fai moitísimo anos atrás nunha tarde cando marchaba de traballar o campo na zona coñecida como o Fridouro en Ribadetea (Ponteareas), topouse cun fermoso año branco solto. Vendo que non había ninguén con el nin recordaba ningún veciño da zona a quen pertencese, acercouse e colleuno, quedando abraiada pola súa fermosura e mansura. Xa pola noite, unha vez na casa, o puxo nunha cerradiña que tiña no interior desta e fixo as tarefas do lar incluído a adormecer seus fillos. Unha vez soa, acercouse o lume, espiuse e púxose a quitar os pulgóns das roupas. Foi entón, cando estaba alí soiña na noite o calor do lume cando escoitou do teito da casa cunha voz moi burlona.
- Jajaja agora que cho vin me vou jajaj 
Majuana asustouse e viu po teito que era de onde viñan as voces burlonas, pero alí non había nada máis cas vellas vigas de madeira, e voltou escoitar.
 - Jajaja Majuana, agora que cho vin me vou jajaj 
Entón Majuana voltouse levantar alarmada e comezou a ver para todolos lados, non había ninguén pero notaba unha presenza. Pasados un segundos esa presenza desapareceu, tranquilizándose un pouco, pero voltou quedar abraiada cando viu para a cerradiña onde estaba o fermoso año, pois xa non estaba. Majuana entendeuno e deuse conta, o Tardo a visitara en forma de año.

Das estantántigas.
Fai tamén moitas lúas atrás, cando miña bisavoa era aínda unha meniña, camiñaba pola noitiña xunto a seu irmá Agustín camiño a casa. Andaban dirección súa casa situada no barrio de Eido Monte en Ribadetea por un camiño pegado o monte que viña do barrio da Barronca.
Foi entón, cando a altura case da única casa que atopábase preto do camiño, Agustín que era maior que miña bisavoa Silvina, sentiu un escalofrío por todo o corpo e seus músculos tensáronse, pois sentía unha estrana presenza. 
Pouco máis adiante, no eido da casa por onde tiñan que pasar, Silvina distinguiu unha sombra entre a escuridade e rapidamente díxollo o seu irmá, o cal contestou, non mires e tira pra adiante.
Cando pasaron a altura do eido, Silvina puido distinguir aquela sombra e viu que tiña forma de cabalo, un cabalo estrano e escuro. Voltoulle dicir o seu irmá o que alí había, o cal respondeu cunha voz asustada e cos músculos agarrotados, non mires e tira pra adiante.
Chegaron a cama e ambos deitáronse, Silvina estaba sorprendida, mentres que Agustín aínda estaba aterrado, pois sabia que vira unha estántiga. O día seguinte morreu a vella de aquela casa.


Das estantántigas
Xa pasados anos despois, cando miña bisavoa era xa máis muller, tamén camiñaba pola noite na zona de Figueiredo polo camiño que une os barrios da Barxela con os Casquizos e Covas en Ribadetea.
Andaba soa e a bo ritmo, pois a noite votaráselle enriba e coa escuridade case non se miraba nada. Foi entón cando diante dela, no medio da escuridade sentiu fortes pasos cara ela.  Eran pisadas pesadas pero esta seguía sen ver nada, cando estes fixéronse máis fortes Silvina deteuse asustada e xusto diante dela, pasaron dous gatos. Ambos eran negros coma a mesma noite, un era grande, o outro aínda pequeno, pasaronse xusto pegadiña a ela, nen se asustaron nen se deteron e seguiron seu camiño voltando adentrarse na escuridade camiño do barrio da Barxela.
Silvina asustada apresurou o máximo o paso para chegar a casa, pois sabia que o que vira non era normal, e seguramente, tampouco deste mundo. Nos seguintes días morreron no barrio da Barxela unha vella e un meniño moi pequeno, o que lle recordaba os gatos negros que naquela dirección camiñaban.  

Nota autor, estas historias son froito do rico folclore e lendas da miña propia familia na parroquia de Ribadetea, Ponteareas.


martes, 26 de junio de 2012

Milleiros de galegos voltaron celebrar o solsticio de verán (San Xoán) como de antaño


En Ribadetea, Ponteareas

En A Coruña
En Cariño
En Viveiro.

En Vigo.