martes, 1 de abril de 2014
martes, 4 de marzo de 2014
Mitoloxía: A lenda da Lagoa da Serpe
“Contan os vellos que antigamente no alto da Lagoa da
Serpe, preto de Pena Trevinca na Serra do Eixo, vivía unha serpe moi grande
temida por todos. Di a lenda que nas noites de lúa chea, a serpe convertíase
nunha fermosa muller, e que se un xoven conseguía acercarse a ela e cuspirlle
na boca cando estaba en forma de serpe esta converteríase definitivamente nunha
fermosa muller, podéndose así casar con ela.
Nunha noite de lúa chea un rapaz da aldea de Ponte, que a
máis próxima a lagoa, foi a buscar a serpe pero no seu lugar topou unha fermosa
muller. Entón sabendo da lenda esperou a que amencera e saíra o sol, e cando a
linda muller voltou transformarse en serpe cuspiulle na boca. Nese instante a
serpe voltouse a transformar na fermosa muller librándose da maldición e
casouse co rapaz de Ponte.”
Na Lagoa da Serpe
que esta no paraxe de Pena Trevinca (teito da Galiza) contase que se bebes da
súas augas morreras envelenado, ou pola contra se te metes nela súas augas
arrastrarante as profundidades. Xa pasou un caso de persoa arrastrada as profundidades
das súas augas, pero de morrer por beber súas augas non sábese de ninguén,
tamén dicir que ninguén o intenta.
miércoles, 12 de febrero de 2014
O misterio en fotos
Unha tradición ancestral na Galiza era o culto e
velatorio os mortos na casa, practica que no rural practicábase ata non fai
muito tempo. Foto conservada no museo de Pontevedra do ano 1905.
Cruceiro con peto de ánimas na base, na parroquia de Santa Mariña de Augas
Santas (Allariz).
Misteriosas estrelas fugaces fotografadas
no Grove o 17 de agosto do 2010.
Éstrana simboloxía na capela do monte San Nomedio (As Neves), o símbolo pode
dar pe a muitas hipóteses do seu significado.
Solitario cruceiro no medio da nada preto da parroquia de Seceda (Cualedro).
Na cruz ten unha cavidade rectangular cunha pequena imaxe da virxe dentro, pola
contra na base ten unha pequena acumulación de pedras traídas alí. Non lonxe
hai restos de ruínas romanas e unha capela.
martes, 21 de enero de 2014
martes, 26 de noviembre de 2013
jueves, 19 de septiembre de 2013
miércoles, 14 de agosto de 2013
jueves, 25 de julio de 2013
lunes, 17 de junio de 2013
Estrano petróglifo en Touro (Pontecaldelas) que ben pode recordar a un ser extraterrestre
Sempre me chamou a atención o ver noutras
culturas mundiais representacións, debuxos ou esculturas de formas ou seres que
non parecen deste planeta, senón con rasgos e formas do que podemos chamar
extraterrestres. Polo que cando me topei con este petróglifo en Touro, no
concello de Pontecaldelas quédeme totalmente abraiado. Non é o único caso de petróglifo
galego con esa tipoloxía de ser éstrano, pero si o primeiro que vexo cos meus
propios ollos.
Etiquetas:
Arqueoloxía misteriosa,
Galaico-Extraño,
o misterio en fotos
martes, 23 de abril de 2013
Mitoloxía: A Cabra do Monte
A morte segundo a mitoloxía
pódese disfrazar de moitas cousas, así na Galiza, onde somos o segundo pais con
máis cultura da morte despois de Exipto, unha cultura milenaria que se perde na
noite dos tempos chegando a crear auténticos camiños da morte dende outras afastadas
rexións cara o territorio galaico.
Dentro da morte,
hai testemuñas na nosa terra que din que se pode transformar en diferentes
animais que avisan a súa chegada, como os cans ou as mesmas galiñas. Neste caso
imos falar de outro misterioso fenómeno disfrazado de animal que se da en
moitas rexións da Galiza, como no val do O Condado de onde e o autor deste
blogue, onde por moitos séculos e ata a actualidade, tivo aterrados cos seus cánticos
nocturnos a todos os que a escoitábanse, nalgunhas rexión chámanlle a cabra do
ar, noutros a aveoloine e aquí e coñecida como “a cabra do monte, o paxaro da
morte.
Este mitolóxico
paxaro, cando se achega a morte dun individuo, canta nos redores da súa vivenda
camuflado pola tenebrosa noite. Seus cánticos soan similares os de unha cabra e
sempre sae do escuro monte, por iso seu nome de “cabra do monte”. Son moitos os
testemuñas dos cánticos desta forma da morte disfrazada de paxaro, e máis,
asegurase que cando canta en menos dunha semana vai morrer alguén ou ata varios
durante un curto período de tempo.
Actualmente os
paxaros que se atribúen a cabra do monte son as aves rapaces nocturnas, como a
curuxa, o bufo ou a choia entre outros. Pero moitos testemuñas sobre todo da
Galiza máis rural como no val do Tea, aseguran que non se trata de ningún
destas aves, “a cabra do monte non e un
paxaro calquera, só aparece cando vai morrer alguén e canta dende o monte o
máis cercan a casa do que vai morrer durante uns días antes a morte.” Así asegurou
unha testemuña falando deste ser, referíndose a que máis que un animal e a
mesma morte disfrazada, pois só aparece cando vai morrer alguén.
Tamén hai que na
escoitaron moitas veces xa na súa vida, e poden chegar a dicir; “Dende a miña casa, cando escóitoa pola
noite, dependendo a dirección que vaian os cantos sei en que zoa da aldea vai
morrer alguén, e se na mesma noite canta en máis dunha dirección, e que vai
haber varios defuntos. Polo normal seus cánticos son vellos, pero tamén hai
veces que seus cánticos son dunha ave nova, polo que entón o que vai morrer vai
ser unha persoa nova.”
Na actualidade as
crenzas neste ser mitolóxico fóronse perdendo pouco a pouco, pero no rural
aínda que os máis novos dubidan da súa existencia, existe un gran respecto pois
aínda son moitos os que aseguran que o viviron na súa propia pel, e que o
paxaro da morte e mesma morte co as.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













