A Pedra da Serpe
e un misterioso vestixio do pasado situado na parroquia de San Adrián no
concello de Ponteceso (A Coruña).
De datación
determinada e confusa así como seu significado, tratase dunha serpe polo que
parece con ás esculpida nunha rocha granítica. Moi posteriormente a
cristiandade colocou unha cruz sobre a serpe esculpida.
Na aldea dí a
lenda que San Adrián a librou dunha invasión de serpes, dando forte golpe no
chan e facendo que todas caeran dentro da pedra. A pedra causou moito interese
en moitos historiadores a que moitos dataron da época romana ou medieval.
Na Galiza hai
varias representacións dun claro culto as serpes en tempos pasados, como tamén
poden ser as representacións destas nos castros de Troña ou Penalba.
Tamén dicir a
titulo persoal que na lenda pode haber un claro dato para súa datación, que
pode ser moi anterior, pois os romanas falaron dunha invasión de serpes no
pasado nas terras galaicas antes de chegar estes. Tratase dos Seafes ou pobo
das serpes, os cales emigraron dende terras centroeuropeas a terras do sur.
Parece que na zona que se sitúa o petróglifo, e dicir na Costa da Morte, existiu
presenza Seafe, polo que xa podemos ter outra nova hipótese do orixe deste éstrano
traballo do home.