martes, 4 de marzo de 2014

Mitoloxía: A lenda da Lagoa da Serpe

“Contan os vellos que antigamente no alto da Lagoa da Serpe, preto de Pena Trevinca na Serra do Eixo, vivía unha serpe moi grande temida por todos. Di a lenda que nas noites de lúa chea, a serpe convertíase nunha fermosa muller, e que se un xoven conseguía acercarse a ela e cuspirlle na boca cando estaba en forma de serpe esta converteríase definitivamente nunha fermosa muller, podéndose así casar con ela.

Nunha noite de lúa chea un rapaz da aldea de Ponte, que a máis próxima a lagoa, foi a buscar a serpe pero no seu lugar topou unha fermosa muller. Entón sabendo da lenda esperou a que amencera e saíra o sol, e cando a linda muller voltou transformarse en serpe cuspiulle na boca. Nese instante a serpe voltouse a transformar na fermosa muller librándose da maldición e casouse co rapaz de Ponte.”

Na Lagoa da Serpe que esta no paraxe de Pena Trevinca (teito da Galiza) contase que se bebes da súas augas morreras envelenado, ou pola contra se te metes nela súas augas arrastrarante as profundidades. Xa pasou un caso de persoa arrastrada as profundidades das súas augas, pero de morrer por beber súas augas non sábese de ninguén, tamén dicir que ninguén o intenta.