O parecer relata un poeta romano no século IV da nosa era que o pobo galaico sufriu unha invasión e plaga de serpes moito antes da chegada dos romanos. El di que estas serpes derrotan os antigos habitantes indixenas de estas terras, os Oestrimnios, e os expulsan. ¿Pero quen eran esas serpes chegadas a estas terras?
Adorno celta centroeuropeo con forma de dúas serpes.
Pois a resposta nom se trata de unha invasión do dito animal, senom dun pobo chegado da centroeuropa celta o cal seu signo de identidade era a "serpe".
Tratase dos Seafes, Sefes ou pobo das serpes, o cal seu nome xa deriba da palabra "serpe". O parecer chegaron a terra galaica dende as terras celtas centroeuropeas entorno o comezo da Cultura Castrexa, e decir num periodo que pode abarcar entro os séculos IX-VII a.C, e según Avieno expulsaron o pobo indixena, os Oestrimnios.
Aínda que isto pode ser que nom sexa de todo certo, xa que nom hai conclucións claras, moitos defenden que foi unha invasión violenta contra pacíficos habitantes da Kallakoi, chegando a tal punto que os habitantes galaicos tiveron que construir seus poboados fortificados en sitios extratexicos e ben protexidos naturalmente, dando asi comenzo a Cultura Castrexa.
Pero tamén hai quen defende que a invasión foi maioritariamente pacífica entre os galaicos nativos e os celtas centroeuropeos, onde ambos pobos o ter unha posible raíz indoeuropea común adaptaronse ben uns os outros, nacendo asi entre as dúas culturas co paso do tempo a Cultura Castrexa.
Guerreiros celtas centroeuropeos. Outra curiosidade destes guerreiros centroeuropeos e que ás veces soián loitar completamente nus.
Este pobo celta de terras centroeuropeas , trouxo costumes novas como por exemplo a funeraría das Urnas de Vlenden-Bennghardt. Seu físico era maior co galaico, eran moi altos e na súa maioria loiros, para facerse unha idea según os romanos escribiron que os celtas centroeuropeos medián un metro oitenta de media, mentres que os galaicos devián andar no metro sesenta máis ou menos.
Máis o que destacaba deste pobo era que seu signo de identidade, a serpe, animal o que eran devotos. Entre outras cousas dise que a eles se lle otarga a introdución da serpe na nosa cultura e mitoloxía, nacendo asi moitisimas lendas de serpes xigantes nos montes das cales moitas chegan ata os nosos días, como á do Castro de Troña. Tamén no campo arqueolóxico deixaron pegadas as serpes nos petroglífos, coma nas croas dos castros de Troña (Ponteareas) ou as dúas dibuxadas nunha pedra no castro de Penalba (Campo Lameiro), as cales teñen máis de dous metros de longo.
Arriba petroglífo de Troña, abaixo serpes do castro de Penalba .
Estes castros son de orixe antiga, do século VI a.C ambos, e decir do periodo antigo da Cultura Castrexa, polo que nos fala da máis que posible presenza de serpes nos primeiros castros. Ademáis o atoparse os petroglifos nas croas (parte alta) dos castros, nos poden falar dun estatus alto das serpes na xerarquia castrexa.
Pero nom só deixaron pegadas nos castros, senóm que tamén apareceu unha serpe esculpida nunha rocha no concello de Ponteceso, chamada "pedra da serpe de Gondomil". Na actualidade hai un cruceiro enriba para demostrar que a serpe era algo pagán, recordando que no cristianismo a serpe ben significando o pecado, recordando o mito de Adan e Eva.
Vista a serpe esculpida na Pedra da Serpe de Gondomil, Ponteceso.
Tamén algúns autores lle atribuen a este pobo a introducción do celtismo na sociedade galaica, aínda que isto xa é máis dificil pois parece que na sociedade galaica o celtismo fora intrudicido séculos antes, o igual que hai autores que defenden a orixe do celtismo está no noroeste peninsular, Illas Britanicas e na Bretaña francesa.
O mesmo tempo falase tamén que a mitoloxía das "serpes" xa estaba espandida no pobo galaico antes da chegada dos Seafes, o que fortaleceriase esta mitoloxía coa súa chegada.
O que sabemos realmente e que a antiga Kallakoi dos galaicos sufriu enha invasión e plaga de serpes, nome hipotético dun pobo chamado Seafes que ven decir "serpes". O parecer este pobo foi converténdose num pilar básico da sociedade galaica e na evolución da Cultura Castrexa, ademáis de enriquecer nosa mitoloxia, chegando asi súas lendas e restos ata os nosos días.
Aqui vos deixamos unha fermosa lenda que chega os nosos días dunha serpe xigante que habitaba preto do castro de Troña.
"Polos montes cercanos a Troña habitaba unha xigantesca serpe, a cal soia baixar o val para alimentarse, roubandolle os veciños ovellas, bestas ou o que fose.
De ese modo os veciños tiñan que alimentala para que nom lles roubase, sorteaban todos os días un animal e llo levaban o monte.
A tal chegou a cousa, que os habitantes de Troña decidiron matala. Para iso xuntaron un feixe de ovillos e levaronos as tecedeiras para que os tecese, e fixeran logo unha corda cos propios fios para poder tirar do xigante ovillo. O rematalo deronllo de comer a serpe, a cal atragantou co ovillo, entón tiraron pola corda e arrastrarona ata matala.
A serpe a enterraron o parecer baixo o cruceiro do Castro de Troña."
Castro de Troña, Pias (Ponteareas).
No hay comentarios:
Publicar un comentario