En algo que é moi coñecida nosa terra e nos chaman en moitos lares foraneos, sen merecer nun principio ese mote pero que agora chega ser unha seña de identidade dos galeg@s contemporaneos e da nosa patria, ese segundo nome da nosa terra é "Terra de meigas".
Este nome ben da época da inquisición, da caza de bruxas e da cara máis sanguinaria e aprobeitada da igrexa católica.
Apartires dos finais dos século XV toda aquela persoa con poderes "máxicos" para curar, desiquilibrada, vida extraña ou simplemente mala mirada era acusada de bruxeria e era levada o tribunal da inquisición onde era torturada ata que confesase seus pecados e pactos co maligno. Como relixión machista que é o católicismo, maioritaramente eran as mulleres as que sufrián o acoso da igrexa, acabando moitisimas na fogueira ou mesmo morrendo nas brutais torturas. Moitas veces tamén as acusacións eran para expropiar os bens dos acusados, polo que a escusa soía ser inventada pero tendo carta libre, e actuando no nome de deus nom lles era ningún problema sacar do medio o acusado e expropiarlle seu patrimonio.
Pois situandonos por eses anos nunha Galiza aínda con moita cultura celta vivinte, totalmente rural, existindo miles de curandeiras, adoracións nos montes e na natureza, costumes antiquisimas da nosa cultura que nos chegan a nosos días, orixinarias dos tempos dos mouros. Pois imaxinadevos como sería aqui a caza de bruxas por aqueles tempos onde por nada xa eras acuasado, foi unha autentico xenocidio. E dese tempo de onde nos ben o nome da Terra das Meigas, adoradoras do diaño, sendo o unico pecado de estas meigas caer nas guarras de verdadeiros demos que obraban polos seus intereses no nome de deus.
Pois imos falar agora da persoa que nos referimos neste documental escrito, Maria Soliño, unha das supostas meigas máis coñecida na Galiza, máis coñecida como "Soliña".
Maria Soliño naceu no ano 1.551 na vila mariñeira pontevedresa de Cangas do Morrazo, que por aqueles tempos era un importante porto onde se traián grandes cantidades de pescada que eran vendidas frescas ou secabanse sendo asi exportadas por distintos puntos da peninsula ou mesmo o extranxeiro. Mesmo asi os seus habitantes eran moi modestos económicamente.
Soliña sen encambio era de clase media, tiña terras herdadas asi como un importante dereito na Colexiata de Cangas e na igrexa de San Ciprián. Estes dereitos lle viña por ser descendenta dos fundadores dos templos, polo que cobraba parte dos beneficios destes.
Casou con Pedro Barba, un pescador tamén nativo de Cangas, que chegou ter súa propia empresa de pesca na Ría de Vigo. Sabese que con el tivo varios fillos e vivián nunha casa de predra de dúas plantas no centro da vila preto do peirao.
Súa vida foi case totalmente normal ata un tráxico día do ano 1.617, onde unha flota composta por 2.000 turcos desembarcou preto da vila, saqueándoa, queimandoa e destruindoa.
Maria Soliño perdeu aquel día a seu marido e seu irmán loitando na praia, foi tal a desgraza e número de victimas na vila que moitisimas mulleres perderon o uso da razón trala morte de seus maridos e fillos polos piratas turcos. Entre elas, Maria Soliño.
A maioria das mulleres de baixa clase que sufriron esa perdida de razón foron condeadas rapidaménte pola inquisición de meigas, asesinando a maioria destas. Pola contra Maria Soliño o ter un estatus máis alto na vila librouse desa primeira caza de bruxas. Mesmo asi, súa pena era tal que case todas as noites iba andando soa a praia onde morrera seu marido e seu irman e quedabase horas vendo o mar.
Pero tralo saqueo turco a vila de Cangas pronto empobreceuse notablemente, polo que os nobres case nom tiñan recaudacións nin beneficios de esta, polo que pensaron a forma de recuperar a antiga vida de ben estar e non empobrecer coa vila. Desta forma fixaronse nunha das mulleres máis ricas da vila, Maria Soliña, a cal acusaron de meiga xunto outras oito canguesas co único motivo de expropiarlles seus bens personais, xa que recordemos que a inquisición estaba maiormente composta pola clase nobiliar.
As nove mulleres que iban mezcladas para disimular entre as de riqueza e as totalmente desamparadas dende a traxedia do ano 1.617, foron levadas o tribunal da Santa Inquisición de Santiago de Compostela. Ali nas carceres segredas do santo oficio foron brutalmente torturadas para que confesaran que practicaban a bruxería. Tal foi a tortura que sufriu Soliña a cal xa tiña máis de sesenta anos, que acabou confesando que era meiga, é que practicaba a bruxería dende facía máis de dúas decadas.
Trala falsa confesión requisaronselle todos os seus bens, tanto patrimoniais como os dereitos que tiña sobre os templos de Cangas por herencia dos fundadores destes, polo que todos os beneficios destes pasaron a igrexa e nobles da zona.
Tamén condenouse a levar a indumentaria de penitenza durante seis meses, pero descoñecese se chegou a levalos, pois sabese que pouco despois de confesar morreu. Nom existe a data de defunción, polo que suponse que morreu moi pobre e soa, seguranmente despois das torturas físicas e psíquicas que recibiu a tan avanzada idade.
Asi morreu Soliña, o igual que miles de galegas acusadas de algo que nom eran para o ben duns poucos, que se aprobeitaban das desgrazas axenas e seus estados psíquicos despois destas destas para encher súas arcas en nome de deus, ou simplemente para decir que eles mandaban e estender o medo entre a poboación.
Moitos recordan a Soliña como unha vella tola, pero a realidade foi outra, súa unica tolemia sufrir a desgraza de perder seus seres queridos sendo de clase media, e asi soiña atraer os lobos para apoderarse dos seus bens.
No hay comentarios:
Publicar un comentario