martes, 13 de diciembre de 2011

Relatos do autor: Alá abaixo preto da cascada do río...

Alá abaixo, preto da cascada do río, onde fai moito as antigas terras de labor xa desapareceron e comberteronse en matorrais do monte, alá onde a néboa nunca escampa e as brumas bicanse coa terra. Onde os vellos muiños foron abandoados e derrumbaronse sós, onde as arbores teñen formas extrañas e incribles, alí existe un lugar. Un lugar apartado e olvidado da man do home pero onde noutros milenios convivían.

No lugar a orillas do río, criouse, vivíu e morreu o home, tivo alegrías e traxedias o longo dos séculos, é mesmo que agora se atope misteriosamente apartado e olvidado segue tendo nome propio, nome que da respeto, que se menciona pero con voz delicada e baixa, que atrae e afasta, falase del con nostalxía e o mesmo tempo temor…


Moitas lendas saén dese lugar, algunhas fermosas, falanse de tesouros cheos de ouros, de incribles riquezas e mesmo extranas e fermosas rapazas. Pero tamén de grandes perigos como velenos mortíferos, seres arripiantes, moradas de antigos ladróns dos camiños, profundos remuiños na ribeira río… e ás veces de morte.

Esas lendas son as que fan dun anaco de terra un sitio máxico coma este, pero unha lenda nunca ben soa dun anaco de terra, sempre hai máis onde existe unha lenda. Un antigo refuxio, onde morada ou mesmo morria o home, ou mesmo o que facia…

Que é o que fai que un sitio poida acumular en tan pouco espazo tantas enerxías, algunhas positivas, outras máis negativas, que nos fan sentir observados, cos sentidos en alerta, intranquilos, pois parece que alguén dende algún sitio nos esta mirando. Esa sensación é a que decriben os que deciden ir alá abaixo preto da cascada do río, din as lendas aterradas nesas terras ouro hai, pero mesmo asi nadie se atreve a ir ali a cavalas, pois o parecer alguén as vixila noite e día, alguén que non se pode ver.


Dou grazas a vivir nun sitio onde aínda poida escoitar as lendas que meus avós escoitaban o lume do lar de pequenos, pero sei que como eles chegara meu día e nunca saberei o que realmente alá abaixo preto da cascada do río hai, pero tal vez miña ialma si poida saber e ata ir ali, e seguir asi acumulando enerxía no máxico sitio.

Dou grazas de descender e nacer no páis dos mouros, que habitaron e coidaron estas terras fai xa dous milenios, e sintome moi preto deles grazas as lendas que nos deixaron e conservaron, pois alá onde se escoite unha lenda igual a do lugar preto do río e símbolo de que xa antes eles coidaran ese sitio, coidan e seguirán coidado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario