lunes, 17 de diciembre de 2012

Tablón mundial: Acercase o 21-12-2012

Acercase a unha fecha moi marcada no calendario maia, na que acaba un ciclo de 5.125 anos para… Esta fecha que cadra no solsticio de inverno do 2012 moitos din que se trata nun simple cambio de ciclo, outros que algo acontecera que cambiara a humanidade, mentres que outros pensan que será o fin dos días. O certo que dende este blogue respetamos todalas opinións, polo que non descartamos nada, e máis sabendo que a fecha esta tan próxima.

O misterio en fotos: Posible fecha nos ceos do Carballiño?

A pasada semana o propio autor do blogue puido sacar unhas estranas fotos nos ceos galegos. Domingo nove de decembro de 2012, regresando dunha viaxe de fin da semana a altura do Carballiño (Ourense) entorno as 19:30, coa noite xa enriba, mirando o ceo avistei unhas estranas formas. Posto que son unha persoa que súelo fixarme moito no que pasa enriba nosa, rapidamente unhas formacións nubosas en formas como de signos e polo que pode parecer carácteres de números romanos chamáronme a atención. Pode se ver a dereita a formación case perfecta do número romano 11, XI, e a esquerda como outro signo pero máis borroso. Posiblemente foran restos de estelas de avións ou chendrails, pero o certo e que a min no momento chamáronme moito a atención, hai vos quedan as fotos.



martes, 20 de noviembre de 2012

Galaico-Estraño: Chupacabras en Galiza?



O chupacabras e un ser entre o mito e a lenda, pero o cal en distintas rexións do mundo se lle atribúen feitos reais os cales ata hoxe non teñen outra explicación física. Nace nas explicacións da cultura popular de Porto Rico a unha serie de sucesos de difícil explicación, ocorridas nos ataques a gando en masa pola noite nese pais no cal destaca a “vampirización” dos cadáveres, que aparecen sen gota de sangue e coa extracción de certos órganos de forma case cirúrxica.

Estas características das mortes fan que non coincidan coa forma de caza de ningún outro depredador animal do planeta terra, isto sumado a que non se comen os cadáveres,  que os ataques son nocturnos en masa e que nalgunhas zonas algúnhas testemuñas falen de estraños avistamentos nos ceos, fan nacer a lenda que aínda non se sabe se e certa o incerta, pero nace o “chupacabras”.

En pouco tempo este fenómeno espádese por toda América, sendo miles os casos do suposto chupacabras, que ataca todo tipo de gando e ata nalgunha ocasión posiblemente tamén humanos, como en Brasil. O fenómeno traspasa fronteiras e crea expectacións chamando a atención ata a CIA de EE.UU, a cal investiga o caso de forma moi discreta os medios dende os anos 80, non dando case información ata os día de hoxe.

Os estraños sucesos sen darlle moita importancia os medios de comunicación maioritarios chega tamén a Europa, onde estraños casos similares a América aparecen polo continente europeo, como en Inglaterra ou Polonia. O estado español non foi axeno a estes sucesos e tamén comezan a aparecer casos, os máis famosos que saen discretamente nos medios foron seguramente os de Navarra e Estremadura. Pero o caso chupacabras no estado español foi moito máis que iso, pois a finais dos 70, antes que os sucesos en Porto Rico na localidade de Taco (Tenerife) xa aconteceran uns sucesos moi parecidos, no que en principio a policía nacional dixo que puidera ser unha secta satánica a autora do que alí acontecera.

 Sen ir máis lonxe, aquí na propia Galiza tamén apareceron casos similares e estraños como en Dozón, Abadín e Paderme, onde os ataques a gando coinciden moito cos anteriores casos que falamos, chega así esta lenda a Galiza, chega o chupacabras as terras galaicas.

O primeiro caso que podemos destacar e o que aconteceu en Dozón (Pontevedra), máis concretamente na aldea de A Lama, onde o granxeiro Xosé Luís García Gutiérrez sufriu o ataque deste presunto ser. El mesmo afirmaba que coñecía os ataques de lobos e outros animais da zona, pero que en esta ocasión, nunca vira nada igual. Esa noite en concreto, algo atacou seu gando (cabras e becerros) deixándoos sen gota de sangue e cun simple cun burato no craneo perfectamente feito como se fose unha broca. Fora o que fora deixou os cadáveres intactos e simplemente desangrounos, ademais de ter que saltar o muro de fora da granxa e non se sabe como puido entrar no interior, o pánico foi tal, que o resto de animais da granxa esa noite romperon seus amarradoiras do medo. 
Dende ese día Xosé Luís vive rodeado dunha manada de cans.

Agora nos trasladamos a aldea veciña de Cardelle, onde se atopa posiblemente a única testemuña que puido ver ese estaño ser, David Torres, o cal di que viu un “bicho rarísimo”, que andaba a catro patas, con cabeza e ollos grandes e orellas pequenas. Tamén na época dos ataques, onde o se atacaran sobre todo ovellas e cabras, o parecer unha persoa tamén foi atacada no monte por algo que o lanzou varios metros, causándolle feridas polas que tivo que ser hospitalizado. Outras testemuñas da zona, din que neses días no ceo se viron luces, e ata unha media roxa.

Dúas semanas despois do ocorrido en Dozón, no concello lucense de Abadín tamén aconteceron casos estaños na morte de un cabalo e unha vaca, os cales tamén aparecían cun orificio no craneo e sen gota de sangue. Na prensa foi publicaron a posible existencia dun “tigre” en Abadín, conclusión totalmente descalificada o ver a precisión que usou o depredador que fose. Aquí un recorte de prensa daqueles días da Voz de Galicia:

¿Hay un tigre en Abadín?

CHRISTIAN CASARES CRÓNICA Responsabilizan a un felino de grandes dimensiones del ataque a una vaca.
Abadín huele a tigre. La semana pasada, dos cabezas de ganado aparecieron muertas por lo que parecía el ataque de un animal de grandes dimensiones. Descartado el oso debido a la lejanía de su hábitat natural -no se encuentran hasta adentrarse en territorio asturiano-, algunos especulan con que fuese un tigre, aunque la región de Bengala esté a más de diez mil kilómetros y el principado a tiro de piedra.

Vista o contorno de Abadín, onde puido perambular o famoso "chupacabras".
 Por último imos ir o caso de Paderme, en Ourense, onde na aldea de Obre, apareceron pola mañá unhas cincuenta galiñas e outros animais de curral mortos, tamén tres gatos. Algunhas testemuñas din que no día anterior viran unha especie de estraño cánido de grandes dimensións e fociño longo peranbular a zona.
Galiñas vampirizadas na aldea de Obre, Paderme.
 Agora estes casos foran producidos por fenómenos naturais, humanos ou ben estraños quedan no aire, algúns testemuñas din que o que viron non era un ser normal, e según os últimos descritos puidera tratarse dun estraño ser tamén visto en América en zonas atacadas que din algúns espertos que se trata de cánidos con enfermidades dexenerativas, pero mesmo así quedan vacantes as preguntas como “¿quen os trouxo aquí?” ou tamén “¿Por qué desaparecen dun día para outro como se nada nin rastro?”

Agora non podo prometer, pero dicir que intentarei a medio ou longo prazo desprazarme a algunhas destas aldeas en cuestión e tratar de falar con veciños afectados e chegar a conclusións propias as cales compartirei aquí con todos vos, un cordial saúdo do autor.

miércoles, 10 de octubre de 2012

A lenda da Fornela

A lenda da Fornela no Dolmén de Dombate, Cabana de Bergantiños(A Coruña)

A Fornella

"Ao sur, moi preto de Dombate, discorre o río Fornelos, cullas augas bañan a aldea do mesmo nome. Ali atopase o dolmén da Fornella, que foi construido por unha antiga moura, a cal portaba a enorme tapa da pedra deste na cabeza mentras fiaba"

Decir que "fornelo" e outra das denominacións que reciben as mámoas na Galiza, e neste caso en concreto o famoso dolmen de dombate sempre foi coñecido como "A Fornela", nome que recibe tamén a mesma moura da lenda.

miércoles, 29 de agosto de 2012

Na misteriosa Pedra da Serpe

A Pedra da Serpe e un misterioso vestixio do pasado situado na parroquia de San Adrián no concello de Ponteceso (A Coruña).

De datación determinada e confusa así como seu significado, tratase dunha serpe polo que parece con ás esculpida nunha rocha granítica. Moi posteriormente a cristiandade colocou unha cruz sobre a serpe esculpida.

Na aldea dí a lenda que San Adrián a librou dunha invasión de serpes, dando forte golpe no chan e facendo que todas caeran dentro da pedra. A pedra causou moito interese en moitos historiadores a que moitos dataron da época romana ou medieval.

Na Galiza hai varias representacións dun claro culto as serpes en tempos pasados, como tamén poden ser as representacións destas nos castros de Troña ou Penalba.

Tamén dicir a titulo persoal que na lenda pode haber un claro dato para súa datación, que pode ser moi anterior, pois os romanas falaron dunha invasión de serpes no pasado nas terras galaicas antes de chegar estes. Tratase dos Seafes ou pobo das serpes, os cales emigraron dende terras centroeuropeas a terras do sur. Parece que na zona que se sitúa o petróglifo, e dicir na Costa da Morte, existiu presenza Seafe, polo que xa podemos ter outra nova hipótese do orixe deste éstrano traballo do home.

martes, 7 de agosto de 2012

lunes, 16 de julio de 2012

Relatos do autor das estántigas e o Tardo.

Do tardo.
A bisavoa de miña avoa chamada María Juana, coñecida como Majuana, fai moitísimo anos atrás nunha tarde cando marchaba de traballar o campo na zona coñecida como o Fridouro en Ribadetea (Ponteareas), topouse cun fermoso año branco solto. Vendo que non había ninguén con el nin recordaba ningún veciño da zona a quen pertencese, acercouse e colleuno, quedando abraiada pola súa fermosura e mansura. Xa pola noite, unha vez na casa, o puxo nunha cerradiña que tiña no interior desta e fixo as tarefas do lar incluído a adormecer seus fillos. Unha vez soa, acercouse o lume, espiuse e púxose a quitar os pulgóns das roupas. Foi entón, cando estaba alí soiña na noite o calor do lume cando escoitou do teito da casa cunha voz moi burlona.
- Jajaja agora que cho vin me vou jajaj 
Majuana asustouse e viu po teito que era de onde viñan as voces burlonas, pero alí non había nada máis cas vellas vigas de madeira, e voltou escoitar.
 - Jajaja Majuana, agora que cho vin me vou jajaj 
Entón Majuana voltouse levantar alarmada e comezou a ver para todolos lados, non había ninguén pero notaba unha presenza. Pasados un segundos esa presenza desapareceu, tranquilizándose un pouco, pero voltou quedar abraiada cando viu para a cerradiña onde estaba o fermoso año, pois xa non estaba. Majuana entendeuno e deuse conta, o Tardo a visitara en forma de año.

Das estantántigas.
Fai tamén moitas lúas atrás, cando miña bisavoa era aínda unha meniña, camiñaba pola noitiña xunto a seu irmá Agustín camiño a casa. Andaban dirección súa casa situada no barrio de Eido Monte en Ribadetea por un camiño pegado o monte que viña do barrio da Barronca.
Foi entón, cando a altura case da única casa que atopábase preto do camiño, Agustín que era maior que miña bisavoa Silvina, sentiu un escalofrío por todo o corpo e seus músculos tensáronse, pois sentía unha estrana presenza. 
Pouco máis adiante, no eido da casa por onde tiñan que pasar, Silvina distinguiu unha sombra entre a escuridade e rapidamente díxollo o seu irmá, o cal contestou, non mires e tira pra adiante.
Cando pasaron a altura do eido, Silvina puido distinguir aquela sombra e viu que tiña forma de cabalo, un cabalo estrano e escuro. Voltoulle dicir o seu irmá o que alí había, o cal respondeu cunha voz asustada e cos músculos agarrotados, non mires e tira pra adiante.
Chegaron a cama e ambos deitáronse, Silvina estaba sorprendida, mentres que Agustín aínda estaba aterrado, pois sabia que vira unha estántiga. O día seguinte morreu a vella de aquela casa.


Das estantántigas
Xa pasados anos despois, cando miña bisavoa era xa máis muller, tamén camiñaba pola noite na zona de Figueiredo polo camiño que une os barrios da Barxela con os Casquizos e Covas en Ribadetea.
Andaba soa e a bo ritmo, pois a noite votaráselle enriba e coa escuridade case non se miraba nada. Foi entón cando diante dela, no medio da escuridade sentiu fortes pasos cara ela.  Eran pisadas pesadas pero esta seguía sen ver nada, cando estes fixéronse máis fortes Silvina deteuse asustada e xusto diante dela, pasaron dous gatos. Ambos eran negros coma a mesma noite, un era grande, o outro aínda pequeno, pasaronse xusto pegadiña a ela, nen se asustaron nen se deteron e seguiron seu camiño voltando adentrarse na escuridade camiño do barrio da Barxela.
Silvina asustada apresurou o máximo o paso para chegar a casa, pois sabia que o que vira non era normal, e seguramente, tampouco deste mundo. Nos seguintes días morreron no barrio da Barxela unha vella e un meniño moi pequeno, o que lle recordaba os gatos negros que naquela dirección camiñaban.  

Nota autor, estas historias son froito do rico folclore e lendas da miña propia familia na parroquia de Ribadetea, Ponteareas.