O chupacabras e un
ser entre o mito e a lenda, pero o cal en distintas rexións do mundo se lle
atribúen feitos reais os cales ata hoxe non teñen outra explicación física.
Nace nas explicacións da cultura popular de Porto Rico a unha serie de sucesos
de difícil explicación, ocorridas nos ataques a gando en masa pola noite nese
pais no cal destaca a “vampirización” dos cadáveres, que aparecen sen gota de
sangue e coa extracción de certos órganos de forma case cirúrxica.
Estas características
das mortes fan que non coincidan coa forma de caza de ningún outro depredador
animal do planeta terra, isto sumado a que non se comen os cadáveres, que os ataques son nocturnos en masa e que
nalgunhas zonas algúnhas testemuñas falen de estraños avistamentos nos ceos,
fan nacer a lenda que aínda non se sabe se e certa o incerta, pero nace o
“chupacabras”.
En pouco tempo este
fenómeno espádese por toda América, sendo miles os casos do suposto
chupacabras, que ataca todo tipo de gando e ata nalgunha ocasión posiblemente
tamén humanos, como en Brasil. O fenómeno traspasa fronteiras e crea
expectacións chamando a atención ata a CIA de EE.UU, a cal investiga o caso de
forma moi discreta os medios dende os anos 80, non dando case información ata
os día de hoxe.
Os estraños sucesos
sen darlle moita importancia os medios de comunicación maioritarios chega tamén
a Europa, onde estraños casos similares a América aparecen polo continente
europeo, como en Inglaterra ou Polonia. O estado español non foi axeno a estes
sucesos e tamén comezan a aparecer casos, os máis famosos que saen
discretamente nos medios foron seguramente os de Navarra e Estremadura. Pero o
caso chupacabras no estado español foi moito máis que iso, pois a finais dos 70,
antes que os sucesos en Porto Rico na localidade de Taco (Tenerife) xa
aconteceran uns sucesos moi parecidos, no que en principio a policía nacional
dixo que puidera ser unha secta satánica a autora do que alí acontecera.
Sen ir máis lonxe, aquí
na propia Galiza tamén apareceron casos similares e estraños como en Dozón,
Abadín e Paderme, onde os ataques a gando coinciden moito cos anteriores casos
que falamos, chega así esta lenda a Galiza, chega o chupacabras as terras
galaicas.
O primeiro caso que
podemos destacar e o que aconteceu en Dozón (Pontevedra), máis concretamente na
aldea de A Lama, onde o granxeiro Xosé Luís García Gutiérrez sufriu o ataque
deste presunto ser. El mesmo afirmaba que coñecía os ataques de lobos e outros animais
da zona, pero que en esta ocasión, nunca vira nada igual. Esa noite en
concreto, algo atacou seu gando (cabras e becerros) deixándoos sen gota de
sangue e cun simple cun burato no craneo perfectamente feito como se fose unha broca.
Fora o que fora deixou os cadáveres intactos e simplemente desangrounos, ademais
de ter que saltar o muro de fora da granxa e non se sabe como puido entrar no
interior, o pánico foi tal, que o resto de animais da granxa esa noite romperon
seus amarradoiras do medo.
Dende ese día Xosé Luís vive rodeado dunha manada de
cans.
Agora nos trasladamos
a aldea veciña de Cardelle, onde se atopa posiblemente a única testemuña que
puido ver ese estaño ser, David Torres, o cal di que viu un “bicho rarísimo”,
que andaba a catro patas, con cabeza e ollos grandes e orellas pequenas. Tamén
na época dos ataques, onde o se atacaran sobre todo ovellas e cabras, o parecer
unha persoa tamén foi atacada no monte por algo que o lanzou varios metros, causándolle
feridas polas que tivo que ser hospitalizado. Outras testemuñas da zona, din
que neses días no ceo se viron luces, e ata unha media roxa.
Dúas semanas
despois do ocorrido en Dozón, no concello lucense de Abadín tamén aconteceron
casos estaños na morte de un cabalo e unha vaca, os cales tamén aparecían cun
orificio no craneo e sen gota de sangue. Na prensa foi publicaron a posible
existencia dun “tigre” en Abadín, conclusión totalmente descalificada o ver a
precisión que usou o depredador que fose. Aquí un recorte de prensa daqueles
días da Voz de Galicia:
¿Hay un tigre en Abadín?
CHRISTIAN CASARES CRÓNICA Responsabilizan a un felino de grandes dimensiones del ataque a una vaca.Abadín huele a tigre. La semana pasada, dos cabezas de ganado aparecieron muertas por lo que parecía el ataque de un animal de grandes dimensiones. Descartado el oso debido a la lejanía de su hábitat natural -no se encuentran hasta adentrarse en territorio asturiano-, algunos especulan con que fuese un tigre, aunque la región de Bengala esté a más de diez mil kilómetros y el principado a tiro de piedra.
Vista o contorno de Abadín, onde puido perambular o famoso "chupacabras".
Por último imos ir o caso de Paderme, en Ourense, onde na aldea de Obre, apareceron pola mañá unhas cincuenta galiñas e outros animais de curral mortos, tamén tres gatos. Algunhas testemuñas din que no día anterior viran unha especie de estraño cánido de grandes dimensións e fociño longo peranbular a zona.
Galiñas vampirizadas na aldea de Obre, Paderme.
Agora estes casos foran producidos por fenómenos naturais, humanos ou ben estraños quedan no aire, algúns testemuñas din que o que viron non era un ser normal, e según os últimos descritos puidera tratarse dun estraño ser tamén visto en América en zonas atacadas que din algúns espertos que se trata de cánidos con enfermidades dexenerativas, pero mesmo así quedan vacantes as preguntas como “¿quen os trouxo aquí?” ou tamén “¿Por qué desaparecen dun día para outro como se nada nin rastro?”
Agora non podo prometer, pero dicir que intentarei a medio ou longo prazo desprazarme a algunhas destas aldeas en cuestión e tratar de falar con veciños afectados e chegar a conclusións propias as cales compartirei aquí con todos vos, un cordial saúdo do autor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario