“Contan os vellos que antigamente no alto da Lagoa da
Serpe, preto de Pena Trevinca na Serra do Eixo, vivía unha serpe moi grande
temida por todos. Di a lenda que nas noites de lúa chea, a serpe convertíase
nunha fermosa muller, e que se un xoven conseguía acercarse a ela e cuspirlle
na boca cando estaba en forma de serpe esta converteríase definitivamente nunha
fermosa muller, podéndose así casar con ela.
Nunha noite de lúa chea un rapaz da aldea de Ponte, que a
máis próxima a lagoa, foi a buscar a serpe pero no seu lugar topou unha fermosa
muller. Entón sabendo da lenda esperou a que amencera e saíra o sol, e cando a
linda muller voltou transformarse en serpe cuspiulle na boca. Nese instante a
serpe voltouse a transformar na fermosa muller librándose da maldición e
casouse co rapaz de Ponte.”
Na Lagoa da Serpe
que esta no paraxe de Pena Trevinca (teito da Galiza) contase que se bebes da
súas augas morreras envelenado, ou pola contra se te metes nela súas augas
arrastrarante as profundidades. Xa pasou un caso de persoa arrastrada as profundidades
das súas augas, pero de morrer por beber súas augas non sábese de ninguén,
tamén dicir que ninguén o intenta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario