domingo, 8 de junio de 2014

Os “osnis” galegos

No territorio galaico temos un rico folclore cheo de lendas que nos falan de seres éstranos ou monstros saídos do mar. Así por exemplo temos a lenda da famosa Coca de Redondela, un dragón mariño que saía das augas para raptar mulleres fermosas, ou tamén outro exemplo poden ser o mitolóxicos nigromantes da illa de Ons.
Pero remontándonos agora a un pasado máis próximo, muitos mariñeiros das nosas costas aseguran que viron saír ou entrar no mar non seres mitolóxicos, senón obxetos metálicos e submarinos non identificados, tratase dos “osnis”.
Temos decenas de casos contados onde sobre todo mariñeiros e pescadores das provincias de Pontevedra e A Coruña, nas súas horas de traballo na mar teñen visto estes obxetos pasar moi preto deles chegando a asustalos, incluso existe unha lenda que di que existe unha base destes osnis baixo o mar preto das illas Cíes e a illa de Ons. 
A maioría dos casos e testemuñas producíronse entre os anos 1975 e 1985, onde estes osnis paseábanse polas nosas costas galegas de forma impune, estes obxetos coinciden na maioría dos testemuñas como esféricos e brancos. 

Un dos casos máis importantes produxose o 22 de novembro do 1985 as oito da mañá, cando as tripulación de media decena de embarcacións como o Audaz II e o Xa me Vedes, observaron algo que os deixou inmobilizados. Atopándose moi preto da Illa de Ons viron como un enorme obxetico metálico apareceu e os sobrevoou a moi baixa altura sobre eles, exhibíndose claramente uns intres para meterse de súpeto nas frías augas galegas. Os mariñeiros aterrorizados e testemuñas de tal exhibición, nunca esqueceran o que alí viron, algúns deles con nomes e apelidos como Emilio Otero ou Carlos Patiño.  
  
 Este caso ten especial relevancia, pois non se trata de unha testemuña ou ver unhas luces, senón de un caso onde muitas testemuñas teñen unha experiencia que as marcara para toda a súa vida e cústalle explicar o que alí viron esa mañá do 22 de novembro do 1985. Engadir tamén a isto os éstranos casos de supostas aparicións de humanoides nas praias das illas Cíes e de Sada na A Coruña. De todas un osni ben sendo o mesmo que “ovni” coa diferenza de que este pode mergullarse na auga, pero como obxeto non identificado tampouco ten que ser extraterrestre. 
 Certo ou non, lenda ou realidade, estas historias fan enriquecer noso patrimonio folclórico e que siga vivo, pois pasamos da ancestral festa da Coca que saía do mar, os nigromantes e agora os osnis, que terán nosa                                              terra e costas meigas?                                                  

No hay comentarios:

Publicar un comentario