martes, 8 de febrero de 2011
Mitolóxia galega: A Santa Compaña
A Santa Compaña e unha das lendas mitolóxicas galaicas máis coñecidas é mellor gardada co paso dos séculos. De orixen celta na época castrexa posiblemente, súa terrorífica lenda como almas en pena dos camiños que iban buscar os mortos estendeuse por outros lares da antiga terra Galaica como Asturies, onde é coñecida nalgunhas partes como Güestia, nas terras zamoranas A Estadea, é en Leon e o Bierzo como A hueste de animas. Pero todos identifican o mesmo fenómeno. A Santa Compaña bem representando a imaxe da morte e seu camiño pra buscar unha alma falecida e levala o máis ala. Esta procesión de almas en pena caracterizase por ir en fileira, con saios negros ou oscuros de luto, aparenza semi imbisible e candeiros ou antorchas para iluminar o seu camiño. Este ser mitolóxico de orixe celta mantivo os antigos habitantes galaicos aterrados ata fai bem pouco, ata se pasou súa lenda popular o cristianismo, dicindo que a anima que encabeza a fileira (a que din que pode ser un vivo) leva unha cruz. E lóxico súa populidade na Galiza, pois somos tradicionalmente o pobo dos camiños e seu fin, asi como un páis carecterizado polo fim da vida e chegada da morte. Recordemos que cando chegaron os romanos tiveron o un mal augurio o ver morrer o sol no océano, cousa que nunca viran na súa vida. Logo Fisterra comberteuse no fim dos camiños e o final do mundo coñecido, onde viñan xentes de todo o antiguo imperio romano a ver o fim do mundo. Tamén recordemos que os romanos enterraban seus mortos nas beiras dos camiños, é sabemos que despois da caída do imperio por un escrito de Martiño de Dumio este decía que os antigos galaicos enchián polas noites os camiños de cirios, pois tiñan pánico andar pola noite a oscuras. Pouco despois chegaria o descubremento da tumba do apostolo e de novo a Galiza acudirián centos de camiñantes polos nosos nebulosos e misteriosos camiños. Moitos viñan para gañarse o xubileo ou morrer preto do apostolo, asi voltou resurxir o camiño da morte cara a Galiza, e moitos sitios como San Andres de Teixido colleron gran fama, no que aínda conservamos seu mitico lema, quen nom vai de vivo, vai de morto. Nestas características apropiadas forxouse a lenda da terrorífica Santa Compaña, onde entraba a morte e as animas, a noite e o camiño. Ceñindonos a lenda, esta di que cando falece unha persoa a procesión da Santa Compaña acude para ir buscar súa alma, no súa ruta en procesión de espectros polos camiños ata o falecido camiñan cos pes descalzos, seu cheiro e a cera queimada e provocan sensación de frío. Máis o terror desta procesión e que o que encabeza a fila nom é un morto, senóm un vivo. Este para poder avandoar a procesión debe pasar o testigo (na tradición cristiana unha cruz) a outro vivo que atope polo camiño, polo contrario pasara séculos en pena encabezando a procesión ata que este rito se cumpla. Soén camiñar sempre pola noite, por camiños oscuros, boscosos e brumosos ou rúas mal iluminadas. Os cans nom landran polo respeto que lle teñen e só miran cara adiente, o nom ser que sexa mencionada cando súa presencia sexa próxima ou te cruces no seu camiño desprevido, nese desgrazado caso tua alma quedara o seu servizo. Para que esta nom te levara a alma, os habitantes galaicos buscaron a protección e recuperaron antigos ritos para librarse dela. Para iso din que a única forma se te atopas con ele e facer un circulo no chan e meterte no seu interior e nom vela no seu paso. Recordemos que o circulo e un símbolo antiquísimo de moitas culturas que representa o sol, é decir, a vida. A Santa Compaña tamén se relaciona coa misa de animas, que falaremos dela máis para adiante. Di que a luz das rúas e estradas acabaron coa lenda da Santa Compaña, aínda asi moitos autores famosos coma Valle-Inclán, Álvaro Cunqueiro ou Torrente Ballester a incluiron nas súas obras, ata o último dixo que a vira cando era un cativo. Acavada ou nom en Galiza a día de hoxe segue sendo moi respetada e seu nome da medo e pánico. Asi que se un día te atopas só na noite num camiño mal iluminado, é entre a bruma ves unhas luces aparece, empeza a cheirar a cera queimada e dar sensación de frío, apártate do seu camiño, fai un circulo e metete no seu interior e nim se te ocurra ver que quen está pasando, pois teu futuro sería convertido no de errar polos camiños como alma en pena, pois tes frente a a ti “A Santa Compaña”.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario