lunes, 14 de febrero de 2011

Tablón mundial: Increible comezo do 2011, siguen a aparición de animais mortos en masa e se disparan o número de avistamentos.

No pouco que levamos no 2011 nom paran de suceder sucesos extraños, se misterioso foi o das mortes de páxaros e peixes en masa dende novembro, agora nom deixan de sorprender a gran oleada de OVNIS aparecidos por todo mundo, moitos superticiosos alegan estes sucesos a cercania do ano enigmático 2012.

En canto o dos animais aparecidos mortos en masa, o último caso en Colombia nom deixa de ser sorprendente, pois os veciños antes do suceso viron unha gran luz potente no ceo na zona de Barrancabermeja. Despois disto apareceron flotando dous mil peixes, estaban mortos e coas escamas queimadas. Hai moitisimos testigos que aseguran que foi esa luz a culpable da morte dos peixes, o suceso foi cousa de só 20 segundos según algúns pescadores.
Sen sair da Colombia, na rexión Boyacá, sucedia un suceso similar fai tamén unhas semanas, pois ali nunha piscifactoria morrián miles de peixes en circunstancias parecidas, aínda que aqui num primeiro instante as autoridares dixeron que era pola contaminación das augas, pero rápidamente correxiron a noticia os veciños, pois eles beben de esas augas e nunca lles pasou nada para tal fenómeno. Tamén fai unhas semanas apareceron centos de peixes mortos nunha praia de Peru, arrastrados pola corrente.
O que nom se entende e porque as autoridades intentan tapar estas misteriosas e enigmaticas mortes, ou mesmo poñen escusas moi simples e fora do contexto, ¿Pero para que tanto ocultismo?¿que se esconde detras destas mortes que nom deixan de aparecer por todo o mundo?
Moitos din que se trata do fenómeno OVNI, e máis despois do último caso de Colombia coa luz vista no ceo. Pero hai tamén quen apunta que se trata de novas armas que se estan provando nestes tempos moi dificiles da Terra, armas que funcionarián polo oxigeno...

En cantos a oleada de avistamentos no que levamos de ano e incrible, por todo o planeta e con moitisimos videos e fotos. Nom se descarta que moitos sexan montaxes, pero o que esta claro e que este fenómeno xunto o da misteriosas mortes de animais parece que dan comezo a un ano o cal estara envolvido en misterios, conspiracións, ocultismo, fenómenos e só o tempo nos dira que máis.

Aqui deixase algúns videos subidos a You Tube, o primeiro da misteriosa morte dos peixes en Colombia e os outros dos últimos avistamentos millor gravados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario