
E esta unha das celebracións máis antiquisimas dos galegos e unha das millores conservadas o longo dos séculos nos lugares de influenza celta. Seguimos como antaño celebrando que as colleitas xa estan todas recollidas e almacenadas para pasar o duro inverno e asi abandoamos o bo tempo do verán.
Pero o Samain non só era un cambio de estación, senón moito máis, pois nesa noite os espiritus dos antigos defuntos tiñan permiso para voltar o mundo e xuntarse cos seus, deixando asi esa noite fora dos fogares comida e outros bens para estes, ou mesmo tamén para espantalos, tradición que aínda chega a día de hoxe nalgúns lugares da Galiza e aldeas dos redores pertencentes a Leon, Zamora ou Asturies.

Tamén nosos cativos seguen vaciado cabazas (aínda que se cree que antigamente eran nabos, polo menos en Irlanda) e pondolle velas dentro, facendolle a estas caras aterradoras ou amigables que guiaran ou espantaran as almas dos antigos difuntos que nos visitaran nesta noite máxica.
Asi nalgúns lares como Quiroga deixan secar esas mesmas cabazas ata o entroido, para logo usalas como mascaras. Tamén en Ribadabia celebrase nesta noite a famosa "Noite Meiga", onde vistense de pantasmas, trasnos e meigas seus habitantes e o castelo combertese nalgo asi como casa do terror.
Estas só son algunhas das festas máis destacadas desta noite, pero haio moitisimas máis por todo o páis galaico, aldeas, vilas ou cidades celebran unhas millor e outras máis humilde esta máxica noite e fermosa noite, boa noite de Samain a tod@s!!
