lunes, 3 de octubre de 2011

Interesante, o Castro de Candaz (Chantada)




Estas fotos pertencen a un dos paisaxes máis misteriosos e destruidos pola man do home nesta terra, falamos da Galiza sumerxida, dun deses pobos que como moitos quedaron baixo as augas dos embalses construidos polo capital e os cartos, desaparecendo e perdendose no olvido.

Esa foi a sorte da aldea de Candaz, en Chantada. Este pobo que se atopaba enriba da beira do Miño foi totalmente desaparecido trala construcción da presa de Belesar, que tamén se levou por diánte a vila de Portomarín.

Pero o pobo de Candaz escondia moito máis que un simple pobo, pois baixo o outeiro de lousa no cal se asentaba gardaba restos dun poboado castrexo de antaño. agora ambos pobos baixo o mesmo outeiro desfanse pouco a pouco sumerxidos polas augas embalsadas do Miño, perdidos e desaparecidos xa do tempo.
O unico recordo que queda a vista practicamente deles podese ver soamente nun par de meses o ano cando pola seca as augas do embalse baixan de nivel e deixan a vista as ruinas do pobo de Candaz dominando as beiras do Miño dende o seu outeiro, firme e robusto aínda, Candaz atrae neses meses moitos curiosos a ver o que aínda queda del en pe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario