No pasado ano 2010, voltaronse avistar tiburóns peregrinos preto das costas galegas, ata algúns foron filmados. Pero nom som casos aíslados, pois estes grandes depredadores mariños peregrinan nosas costas moitas veces.
As grandes quenllas devoradoras da Galiza
O contrario da crenza popular, as grandes quenllas non som exclusivos das augas tropicais. Cando se aproxima o verán, no Atlántico Norte hai unha serie de cambios nas correntes oceánicas. Ademáis, co vento e a rotación da Terra, as augas superficiais arrastranse o interior do océano e serán substituídas por augas profundas, ricas en nutrientes. O que fai que millóns de algas microscópicas suban a supeficie. Esta herba colosal atraer moitos animais, e á súa vez, outros virán depredadores viran por estes. Toda esa turbulencia vai facer moitas especies formen migracións longas que afectan tanto pequenos planctons como a grandes especies. Algunhas realmente grandes.
O “mako” (Isurus oxyrhinchus) é unha das quenllas máis coñecidas da Galiza, esta pode chegar a ser seriamente perigosa. Aínda que é de hábitos oceánicos, no verán fai achegamentos as costas. Fai algúns anos advertiron da súa presenza nos baixos de San Andrés de Teixido (Cedeira), onde se atopaban en grupos, o que é moi raro pois é un animal bastante solitario. Este peixe é un predador temible, e probablemente o máis rápido das quenllas. Súa presa favorita som os bonitos e os bancos de caballa, as que persigue nas súas migracións. Isto explica a súa aproximación á costa galega, por exemplo o bonito fai a súa migración anual das Azores para o Golfo de Biscaia.
Por esta razón aumenta a captura de mako no verán.Pero aveces os mariñeiros levanse sorpresas o ver algúnhas capturas desta quenlla, coma en agosto de 2003, un pesqueiro de Muxía capturou un impresionante mako de 400 quilos e 4 metros, a tan só 30 km da costa (é a foto que ilustra o reportaxe). Por sorte este tipo de xigantes makos som pouco común nas nosas costas.
Hai outro tipo de mako, o cailón (Lamna nasus), que tamén é relativamente abundante no mar aberto. Ás veces en busca de sardiñas e caballas, adentrase no interior da rías. Ao contrario do Mako azul, este prefire augas mais frías, ademáis de ser máis tranquilo. Ambas teñen unha notable semellanza co seu curmán, o temido tiburón branco (Carcharodon Carcharias), do cal non hai nomeamento para confirmar a súa aparición na Galiza. Con todo, non hai razóns biolóxicas para impedir a súa presenza, aínda que sexa de paso.
Aínda que normalmente nom alcanzan o tamaño do capturado en Muxía, a quenlla oceánica máis común na Galiza é a quenlla azul (Prionace Glauco). Moi agresivo e voraz, se tirase sangue o mar ou peixe fresco, o pouco tempo podeselle ver merodear a zona por docenas, nunha actitude moi agrsiva na que chegan a devorarse entre eles nalgúnhas ocasións. Eles comen todo e proba diso é unha historia contada por un mariñeiro galego que viña do Gran Sol: “Nunha noite de verán estando parados na alta mar, tiraronse liñas con anzois pola borda. Cando se recolleron apareceu no medio un tiburón azul. Unha vez a bordo destriparono, levando a sorpresa de atoparse no seu estómago nada menos de ovos fritos e salchichas. A explicación era sinxela: o cociñeiro tiña tirado ao mar os restos da cea da tripulación, e a quenlla nom desperdiçiou a oportunidade de probar algo exótico”. Con isto querese decir que devoran todo canto se lles cruza por diante, hai súa peligrosidade.
Tras estes, tamén temos quenllas de pequena escala, aínda que algúns con moi mal caracter, polo que nom podemos confiarnos. Entre eles destacan os cazóns, alitáns, etc. Nom sabemos na actualidade de mortes por quenlla nas costas galegas, pero probablemente na época dos grandes naufraxios nestas costas, sobre todo na Costa da Morte, súa presenza nom deveu ser escasa.
A quenlla inimiga do home, ou o home inimiga da quenlla
Ningún outro animal no mundo xera no home tal reacción de pánico que é capaz de producir unha quenlla. A súa reputación sombría bém de vellas historias, case sempre falsas, que narraban sanguentos atentados en pequenos barcos afundiros, con náufragos e tripulación devorados.
Hoxe, pouco mudou, o igual que pasou en terra os lobos e súas lendas malditas, as quenllas sobretodo por culpa dos medios de comunicación, que sen dúbida grazas a súas películas fixeronlle o maior dano, retratandos como feras que deben ser exterminados... co único propósito de encher os bolsillos. Súa influencia sobre a opinión pública alcanzou un punto tal que, nun bo libro sobre quenllas podese ler a ironía con que o autor "esclarece" o papel da gran aleta dorsal das quenllas, "non é para asustar os espectadores, senón que actua como un estabilizador para a natación".
Exemplar de mako capturado preto de Muxía de 400 Kg de peso e 4 m de lonxitude.
Pequena quella aparecida nunha praia de Arteixo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario