Revelado o misterio. A NASA anunciou o descubrimento dun modo de vida que non vén do espazo como se dixera nun primeiro momento, senón do Lago Mono en California (Estados Unidos). Os Científicos da axencia espacial estadounidense descubriron unha nova forma de vida, unha bacteria que rompe os esquemas coñecidos ata agora.
A clave está na composición química das súas moléculas. Todas as formas de vida coñecidas ata a data combinan seis elementos: osíxeno, carbono, hidróxeno, nitróxeno, fósforo e xofre. Esta bacteria, sen embargo, substitúe o fósforo por arsénico, un veleno potente.
Este descubrimento fai evidencia que a vida pode desenvolverse de forma diferente do ata agora coñecido. Os científicos cren que o descubrimento pode mellorar as técnicas utilizadas para buscar vida fóra da Terra.
Agora só nos queda preguntarnos, ¿verdade ou nova manipulación da NASA?
No hay comentarios:
Publicar un comentario