O Apalpador (tamén coñecido como Pandigueiro ou Apalpadoiro) é un vello carboeiro que mora nas montañas do Courel. Leva unha vida sinxela, sen grandes preocupacións, sempre vestido co seu vello casaco remendado e a súa boina. É unha persoa humilde, sen avareza, que partilla o pouco que ten co resto da xente. E as castañas son a súa larpeirada preferida!
Cada 24 de decembro (ou 31 de decembro, segundo a zona) baixa das montañas e vai visitar os meniños e meniñas galegas. Entre nas casas á noitiña, cando están a durmir, e apálpalles o bandullo para saber se están ben mantidos. A quen pasaron fame e teñen a barriga vacía, déixalles unha presa de castañas co desexo de que no próximo ano vivan con fartura. A quen a teñen chea déixalles tamén unha presa de castañas co desexo de que continúen así todo o ano.

Entón xa sabedes, este Nadal lembraivos deste vello carboeiro á hora de pedir os regalos!
♫ Vaite logo meu nenín, ♫
♫ marcha agora prá camiña, ♫
♫ que vai vir o Apalpador ♫
♫ apalparche a barriguiña. ♫

Unha fermosa historia... E temos que seguir pelexando ata lograr a IDENTIFICACIÓN da sociedade galega co noso persoaxe do nadal. Eu, farei o que poida, como pasar este enlace ó meu FB! Graciñas.
ResponderEliminarPois si a verdade que é unha magoa prestar a atención persoaxes do nadal foraneos que foron feitos para o negocio e que os nosos populares perdanse no olvido, pero bon esta nas nosas mans recuperalas vellas costumes...saudos e graziñas!!
Eliminar